Santa María de XdE: "A xoia oculta da Ribeira Sacra"
O mosteiro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo funde as suas orixes nun mosteiro altomedieval que se consolidará coma bieito baixo a advocación de San Xián. A fins do século XII Xunqueira afiliarase ó Cister.
De época medieval conserva igrexa de planta basilical con tres naces rematadas en ábsidas semicirculares. No templo destacan: altar pétreo, pila bautismal e unha interesante colección de capiteis historiados entre os que destaca o das bubelas e Xerusalen Celestial
Na Idade Moderna (S. XVI-XVIII) refaise o vello Claustro Regular e posteriormente costrúese o da Hospedería . A fachada da igrexa e a torre reconstrúense entre 1801 e 1802.
As cabeceiras das ábsidas medievais vístense con retablos Modernos que se explican na Contrareforma. O programa iconográfico do templo xira ó redor de dous temas fundamentais: a figura de María (Retablos Manieristas) e a exaltación do monacato occidental representado por S. Bieito de Nursia e San Bernardo de Claraval (retablos Barrocos).
Descubre o Mosteiro Website oficial
Horario e Reserva entradas https://turismo.ribeirasacra.org/monasterio-de-santa-maria-xunqueira-de-espadanedo
Visita virtual al Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo