É hora de coñecernos
Como é Xunqueira de Espadanedo?
Xunqueira de Espadanedo é un concello situado na Ribeira Sacra ourensá, pertencendo á comarca de Allariz-Maceda. Conta con arredor de 700 habitantes, unha gran parte da súa superficie atópase inmersa ou rodeada polas montañas do Monte Meda, e o Mosteiro de Santa María é o máximo representante do patrimonio cultural do Concello.
Xunqueira de Espadanedo sitúase a pouco máis de 20 kilómetros do centro da cidade de Ourense, isto é, a 25 minutos en coche, aproximadamente. Esta proximidade permite compaxinar a vida na natureza e paisaxes idílicas da Ribeira Sacra cun traballo na cidade ou polígonos industriais máis destacados da zona.