Coñece os programas, iniciativas e actividades das diferentes asociacións culturais do Concello.
Asociación Os Xuncos
Asociación xuvenil e cultural
Presentación
Os Xuncos é unha asociación cultural de gran importancia no Concello de Xunqueira de Espadanedo, debido ás diversas actividades que contempla nos seus programas para mozos e adultos. Creada no ano 1993, nun primeiro momento centrouse nas clases de baile tradicional, percusión e gaita, actividades folclóricas e recreativas en xeral... pero a finais do ano 2008 houbo unha ampliación dos obxectivos da asociación.
Desde entón, a súa imparable actividade fixo desta asociación a canalizadora de gran parte das actividades de lecer para os veciños do Concello.
Obxectivos
- Salvagarda e difusión do patrimonio artístico e cultural de Xunqueira de Espadanedo
- Recoller e conservar as manifestacións culturais da localidade
- Entreter, divertir e animar aos membros e veciños da localidade
- Organizar actividades lúdicas
- Promoción e fomento da cultura
- Fomento do deporte
- Un longo etcétera

Asociación Santa Isabel
Asociación de mulleres rurais
Presentación
Santa Isabel é a asociación de mulleres rurais do Concello de Xunqueira de Espadanedo, a cal está a desenvolver un importante labor para mellorar a calidade de vida e fomentar novas oportunidades para todas as mulleres do municipio
Trátase dunha das institucións máis queridas e valoradas, xa que a súa actividade é realizada con todo o esforzo e dedicación da súa directiva, quen, coa axuda e cooperación das asociadas, conseguen crear ilusións e novos proxectos grazas á solidez dos seus valores.
Obxectivos
- A defensa dos intereses sociais e culturais da asociadas
- Mellora dos seus medios de vida
- Promoción das familias do medio rural desde as súas actividades como agricultoras, amas de casa, nais de familia e consumidoras
- Atender as necesidades das mulleres novas
- Informar ás asociadas das axudas institucionais para o medio rural
- Promover excursións e visitas a institucións, empresas, explotacións e outras entidades da comarca e doutras zonas territoriais.
- Realizar cursos, seminarios, debates e conferencias sobre temas agrícolas, sanitarios, culturais, económicos e sociais.

Asociación Amigos do Barro de Niñodaguia
Asociación cultural
Presentación
A asociación Amigos do Barro de Niñodaguia nace co obxectivo de axudar a conservar e protexer a olería deste termo, levando estratexias conxuntas co Concello de Xunqueira de Espadanedo.
Obxectivos
A asociación encárgase, entre outras tarefas, da xestión do Museo-taller de olería de Niñodaguia, sendo o punto no que se aglutina toda a cultura e tradición de cheiraría do Concello.
