Xunqueira de Espadanedo, xeografía e historia
Xunqueira de Espadanedo é un pequeno concello da Ribeira Sacra, cunha extensión de pouco mais de 27 km² e unha poboación aproximada de 650 habitantes. A súa orixe está ligada ao antigo couto do primitivo mosteiro de San Xiao, cenobio que, a finais do século XII, se incorporou á orde do Císter e mudou o seu nome e advocación, pasando a denominarse Santa María de Xunqueira de Espadanedo.
A localización do mosteiro non é allea ao medio natural no que se ergue. O illamento proporcionado pola Cabeza de Meda (1.323 m) e pola altitude media do territorio (750 m), unido á abundancia de auga e pastos, foron factores determinantes para que a comunidade escollese este val como asentamento.
A xeoloxía do municipio distribúese, a grandes trazos, en tres zonas: ao oeste e ao leste, granitos precámbricos; ao noroeste, pizarra negra e grafitosa; e ao suroeste, chans arxilosos-areosos con depósitos de arxila plástica de considerable profundidade. Estes últimos son os responsables dunha das principais señas de identidade do concello: a tradicional olería de Niñodaguia, hoxe única na provincia de Ourense.
Así, o medio físico condicionou, en boa medida, o desenvolvemento económico e cultural de Xunqueira ao longo dos últimos mil anos: a auga favorece o nacemento do cenobio, xerme dun concello onde a gandeiría e seña de identidade; e a xeoloxía impulsou o florecemento da olería tradicional de grande relevancia patrimonial.
Administrativamente, o Concello de Xunqueira de Espadanedo organizado entorno a tres parroquias —Santa María de Xunqueira de Espadanedo, Santa María de Niñodaguia e San Miguel de Ramil— e media parroquia, xa que San Pedro dos Pensos é compartida polos Concellos de Esgos e de Xunqueira de Espadanedo.
Parroquias
Imagen
| Niñodaguia (Santa María)
|
Imagen
| Os Pensos (San Pedro)
|
Imagen
| Ramil (San Miguel)
|
Imagen
| Xunqueira de Espadanedo (Santa María)
|