Escudo heráldico

Compartir

escudo

Escudo oficial do concello aprobada pola CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS DECRETO 277/1997, do 25 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

De azur (azul), unha xunqueira terrasada de ouro (amarelo), resaltada dunha banda jaquelada de prata (branco) e gules (vermello) e acompañada de dous lises de ouro, un na sinistra do xefe e outra na destra da punta. Ao timbre, coroa real pechada.

A heráldica do Concello inspirase na historia do pobo de Xunquerira de Espadanedo. Un campo de azur, símbolo de auga, sobre o que resalta una xunqueira de espadanas que, dende época pretérita, da nome a estas terras. A banda jaquelada de prata e gules xunto coas dúas flores de lis douradas son símbolo do cister e herdanza da Congregación de Castela que reforma o mosteiro a mediados do século XVI.