Abadía Cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

Interior igrexa medieval

Santa María de XdE: "A xoia oculta da Ribeira Sacra"

O mosteiro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo funde as suas orixes nun mosteiro altomedieval que se consolidará coma bieito baixo a advocación de San Xián. A fins do século XII  Xunqueira afiliarase ó Cister.

De época medieval conserva igrexa de planta basilical con tres naces rematadas en ábsidas semicirculares. No templo destacan: altar pétreo, pila bautismal e unha interesante colección de capiteis historiados entre os que destaca o das bubelas e Xerusalen Celestial

Na Idade Moderna (S. XVI-XVIII) refaise o vello Claustro Regular e posteriormente costrúese o da Hospedería . A fachada da igrexa e a torre reconstrúense entre 1801 e 1802.

As cabeceiras das ábsidas medievais vístense con retablos Modernos que se explican na Contrareforma. O programa iconográfico do templo xira ó redor de dous temas fundamentais: a figura de María (Retablos Manieristas) e a exaltación do monacato occidental representado por S. Bieito de Nursia e San Bernardo de Claraval (retablos Barrocos).

Para máis información Historia y Arte – Monasterio Santa María de Xunqueira de Espadanedo. Página oficial

Un proxecto do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

Website oficial