O segredo da alquimia
En Niñodaguia, no concello de Xunqueira de Espadanedo, índa podemos disfrutar da técnica mais artesanal e revolucionaria da humanidade: a olería.
A olería de Niñodaguia ten o seu sentido nos milenarios depósitos de arxila que maiormente se sitúan na Veigachá. As características desta arxila (alto contido en caolín) e as temperaturas ás que se somete o barro, son elementos distintivos da última olería ourensá: a cor, a elegancia e delicadeza (case porcelana) destas vaiselas convértenas en exclusivos contedores de auga, viño, leite ou aceite.
Os artesáns seleccionan a arxila propia da zona, de ton gris pardo, que unha vez cocida transmuta ao amarelo pálido. O proceso se continua co vitrificado de “orella de boi”, característica inconfundible de olería tradicional de Niñodaguia.
Todos os anos, para a posta en valor da olería celébrase, na primavera “A Fornada Tradicional” e no verán “O Encontro Internacional de Caharreiros”
Un proxecto cultural do Concello de Xunqueira de Espadanedo.
O Museo abre de mércores a domingo
Información e reserva entradas
Ribeira Sacra | Museo Taller Alfarería de Niñodaguia
Contacto 988 315 684