Fervenzas e ríos

catarata

A auga que discorre polo municipio de Xunqueira de Espadanedo foi dando forma ao longo dos séculos a pequenos paraísos exóticos. Escondidos en bosques e orografías sinuosas, a súa localización permitiu custodiar a esencia e beleza que os definiron desde o seu nacemento.

Fervenzas e ríos que se abren paso a través de terreos salvaxes para domar a súa forza e continuar, suave e discretamente, cara a unha desembocadura que se nutre das paisaxes e historias que arrastran.

Quizais xa non sexa necesario viaxar miles de quilómetros para perderse na fermosura inabarcable da natureza.

Recursos dispoñibles

  • Fervenza “Pozo negro”
  • Fervenza Niñodaguia
  • Fervenza no Río Niñodaguia
  • Fervenza Rego do Porto
  • Río Niñodaguia
  • Río Niñodaguia subacuático