BTT

btt

Un cóctel de adrenalina e paisaxes.

Xunqueira de Espadanedo permite aos afeccionados do BTT gozar dun entorno natural de película adaptado ás esixencias de todos aqueles que teñen a emoción correndo polas súas venas.

Descensos non aptos para cardiacos que cruzan as montañas místicas do noso Concello a través de saltos naturais, camiños angostos e un público infinito de árbores e rochas que aplauden só aos máis valentes.