Subvencións para a planificación estratéxica de entidades locais (DOG núm 52 do 15 de marzo de 2023). Atendendo a referida convocatoria os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo, actuando como integrantes da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), presentan unha solicitude conxunta de axuda para a execución dun estudo estratéxico para a subministración enerxética da entidade local, que contemple o fomento do aforro enerxético e, en concreto, a análise e posta en marcha dun proceso de contratación centralizado para os concellos, co fin de realizar a compra conxunta da enerxía.
Total proxecto: 16.032,50 euros
- Subvención da Axencia Instituto Enerxético de Galicia: 12.587,50 euros
- Achega do Concello Xunqueira de Espadanedo: 3.445 euros