Xunqueira de Espadanedo é a sede de importantes eventos internacionais e rexionais de diferentes deportes, tales como BTT, parapente, mototurismo e moitas outras disciplinas.
Por iso, queremos converter ao noso municipio nun lugar deportivo de excelencia para todas as idades e niveis de adestramento.
O noso compromiso é facilitar a deportistas profesionais e amantes da súa práctica un conxunto optimizado de instalacións deportivas e axudar, con todo o que está ao noso alcance, á súa especialización e éxito.
Recursos dispoñibles
- Circuíto DH BTT
En Xunqueira de Espadanedo creamos un circuíto BTT de descenso que está a facer as delicias de todos os afeccionados a este deporte. O trazado, de 2,5 quilómetros e un desnivel de 500 metros, atópase repleto de zonas técnicas e saltos espectaculares, sendo cualificado por profesionais e afeccionados como un dos mellores de España.
O circuíto foi sede do Campionato Galego de Descenso, congregando a unha infinidade de afeccionados e tendo como broche de ouro os saltos acrobáticos nas inmediacións do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
- Rutas de sendeirismo
- Campo de Fútbol Os Cagallás
- Ladeira despegue parapente