Recursos dispoñibles
- Mosteiro de Santa María
A rica historia do Mosteiro ou a fantástica arte que custodian os muros centenarios, fan do noso templo un lugar único en Ribeira Sacra. Se a iso unimos a oferta turístico-cultural desenvolta en torno ao cenobio ou o control do número de visitantes (capacidade de acollida) teremos no mosteiro Cisterciense de Xunqueira de Espadanedo unha cita ineludible co pasado monacal da Ribeira Sacra.
Para máis información sobre o mosteiro de Santa María, visita nesta web a súa sección oficial. Alí poderás atopar información de visitas, datos históricos, circuítos virtuais e moito máis.
- Peto de ánimas
Coñéceo
No termo de Paradela atópase un antigo peto de ánimas. Estes pequenos santuarios son moi típicos en toda a xeografía galega.
Asentado sobre a base dunha pedra, da sección rectangular sae o seu corpo, de gran sobriedade, feito en sillería de granito, e sobre o que soamente destaca a cornixa superior moldurada, así como a base da capela, tamén con moldura.
O nicho ten un enreixado formado por tres ferros verticais, tendo o central un pequeno adorno.
No interior, carente de imaxe algunha, consérvase unha tapa de ferro que protexía as esmolas cunha fechadura.
- Igrexa de Niñodaguia
Arquitectura relixiosa
O municipio de Xunqueira de Espadanedo non é alleo á presenza tan marcada que a relixión tivo durante séculos en Galicia e que axudou a definir e influír na idiosincrasia da súa poboación.
A nosa localidade conta cunha ampla lista de patrimonio relixioso que, estando liderado polo mosteiro de Santa María, estende a súa tradición a elementos de diversa tipoloxía e estilo, tales como igrexas ou petos de ánimas, todas elas construcións de amplo arraigamento no carácter da Comunidade.