Arte urbán

Arte Urbana

A arte urbana, ou street art, consolídase desde finais do século XX como unha disciplina visual de alto impacto integrada, normalmente, en espazos urbanos. A través de intervencións gráfico-pictóricas no espazo público, esta práctica transcende o estético para converterse nunha canle de comunicación estratéxica.

Unha das funcións da arte urbana é o impacto social, actuando como un soporte para a difusión de mensaxes con carga política, cultural e ambiental. Ao recuperar muros e edificios como lenzos, a arte urbana establece un diálogo directo entre o creador e a comunidade, promovendo a reflexión sobre os desafíos do mundo contemporáneo.

Patrimonio e Vangarda: O Museo ao aire libre de Xunqueira de Espadanedo

O concello de Xunqueira de Espadanedo consolídase como unha referente da arte urbana contemporáneo a través da súa configuración como museo aberto. Esta proposta expositiva consta de seis murais que articulan un diálogo entre a vangarda visual e a identidade territorial, poñendo en valor a riqueza patrimonial do municipio.

Homenaxe a "A Cacharreira" (2016)

Dentro deste itinerario destaca a obra "A Cacharreira", executada polo artista Miguel Peralta (Cestola na Cachola). Esta intervención rende tributo á histórica tradición oleira da zona, centrando a súa narrativa na figura da “apañadeira”.

Mentres que a figura do cacharreiro gozou historicamente de recoñecemento social, o labor das mulleres permaneceu nun plano secundario. Este mural é unha homenaxe a esas coprotagonistas silenciadas pola historia.

Valorización do patrimonio inmaterial: “Sábado Longo” (2026)

O Sábado Longo constitúe a festa etnográfica viva máis ancestral de Xunqueira de Espadanedo, tendo como emblema os carros que o artista Abraham Caride retrata con mestría. Tradicionalmente, a noite máis longa do ano comezaba o Sábado de Pasión e concluía o Domingo de Resurrección.

Hoxe, seguimos a escribir a nosa historia cunha tradición renovada que suma, cada día, a participación de máis persoas. 

Estes dous murais forman parte do proxecto "Un toque de cor na Ribeira Sacra".

 

Presumindo de patrimonio.  "O Alfareiro de Nodaiga" (2021)

Cacharreiros e cacharros, creadores e creación ilustrados con mestría por Mon Devane. Dous murais distintos cunha única temática, a arte milenaria dos creadores de vida: os oleiros. Murais que renden tributo a profesión mais internacional de Xunqueira de Espadanedo, a olería de Niñodaguia.

 

Patrimonio natural, "Renacer Botánico" (2022)

Esta intervención mural de Doa Oa representa de xeito simbólico o renacer da vexetación sobre un espazo abandonado. A través dunha composición botánica, intégranse diversos elementos de tres especies silvestres que medran no contorno natural da Ribeira Sacra: o sabugueiro, a hedra e o botón de ouro.

Mediante a combinación harmoniosa das súas flores, follas, froitos e sementes, a obra pretende transmitir unha mensaxe sobre a importancia de coñecer o noso medio e a necesidade de protexer a natureza.

Esgrafíado “Follas e olas” (2022)

Esgrafiado de nova creación con técnica tradicional

Obra de esgrafiado situada nunha explotación agraria en desuso, fronte ao Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

A modo de trama, o fondo do revestimento mostra a evolución dun motivo xeométrico que se transforma nunha figura orgánica, propia dos cintados tradicionais da comarca. No mural destacan elementos da oleria de Niñodaguia, así como unha interpretación vexetal de especies autóctonas nunha masa de cor que percorre de xeito sinuoso a fachada ata a parte alta do edificio.

A técnica empregada é o esgrafiado de cal, con e sen capa de sacrificio. A aplicación dos morteiros realizouse de xeito artesanal, combinando o uso de cal hidráulica e cal graxa segundo as necesidades técnicas da execución.

Actuacións enmarcadas nol Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra 2020-2022