Motor

motor_1

A adrenalina forma parte do ADN de Xunqueira de Espadanedo. Ao longo dos anos, o noso municipio foi ampliando o seu espectro de disciplinas para poder albergar novos e emocionantes eventos de competición.

Rallyes, 4x4, enduro... A extraordinaria orografía e paisaxes de Xunqueira polos que discorren os tramos dalgunhas das competicións máis importantes a nivel nacional, entre elas o Rallye de Ourense (elixido como mellor rallye de asfalto de España), fan do noso municipio unha cita ineludible coa acción xerada polo deporte que máis roxe de todos.

Disciplinas de motor destacadas

RALLYES

Rallye de Ourense

Cada ano, Xunqueira de Espadanedo aparece marcada no calendario dos afeccionados ao mundo do motor. O Rallye de Ourense, elixido como mellor rally de asfalto de España, leva máis de 20 anos pasando pola nosa localidade, atraendo a miles de persoas que gozan da espectacularidade desta proba rodeados dun marco natural incrible.

Se queres ter unha experiencia única, esperámosche cada principio de verán nesta fabulosa competición.

Visita a web do Rallye de Ourense para máis información: www.rallyeourense.es

Imagen
rally

ENDURO

Todo un monte para ti

Outro deporte de motor con moita presenza no municipio é o Enduro. Aquí, en diferentes anos, celébrase o Campionato Galego de Enduro, atraendo a multitude de pilotos e afeccionados que gozan da gran variedade de pistas e características de cada unha.

Imagen
Enduro

4x4

Emoción e adrenalina

As fins de semana son tamén momentos de reunión de afeccionados ao 4x4, percorrendo as interminables montañas do Concello que alcanzan unha altitude de 1.300 metros. Con vehículos así, Xunqueira de Espadanedo estará aos teus pés.

Imagen
4x4