Cortiñas
Xunqueira de Espadanedo, do mesmo xeito que os municipios que integran a Ribeira Sacra, foi testemuña especial da evolución social, económica, tecnolóxica e cultural que experimentou a humanidade, á vez que soubo preservar os vestixios e restos de épocas pasadas.
O noso municipio conta con numerosas mostras de antigas poboacións que, por diferentes motivos, viron marchar aos seus poboadores, quedando como veciño de excepción o ecosistema que acompaña a cada un dos seus novos amenceres.
Un exemplo de luxo é o antigo pobo de Cortiñas, o cal permaneceu intacto desde hai 120 anos. Situado preto da estrada de montaña que une Xunqueira de Espadanedo con Parada do Sil, a súa loita por non sucumbir á forza da natureza viuse reforzada polos traballos de limpeza e roza que se realizan en diferentes épocas.
Ademais, diferentes roteiros de sendeirismo ou bicicleta discorren polos camiños que chegan a esta viaxe ao pasado, polo que xa non hai escusa para perderse esta fusión perfecta de natureza, deporte e historia.
Recursos dispoñibles
- Antiga aldea de Cortiñas