Restos arqueolóxicos

restos arqueologicos

Na Serra de Meda, xusto no lugar con maior altitude do noso municipio, atópase unha zona delimitada con presenza de diferentes restos arqueolóxicos, así como un importante conxunto pétreo con mostras das antigas divisións da terra.

Unha paisaxe que combina formacións rochosas con interesantes disposicións das pedras usadas para organizar o terreo e a realización de traballos.

Este emprazamento resistiu o paso dos séculos para traernos ata os nosos días unha imaxe de como era a vida nestas paraxes de alta montaña.

Recursos dispoñibles

  • Restos arqueolóxicos en O Eirado