Información

mosteiro
Aberto desde hai 870 anos

Descobre como cambiou o mosteiro ao longo dos séculos.

Unha xoia na Ribeira Sacra

Monumento nacional desde 1981.

Unha xoia na Ribeira Sacra. Fundado en 1150

Un longo camiño ata os nosos días.

Datos interesantes

As Orixes

As orixes do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo poderían estar, como gran parte dos mosteiros de Ribeira Sacra, nun cenobio familiar da Alta Idade Media. Este pequeno mosteiro continuaríase nunha fundación benedictina baixo a advocación de San Julián.

Os reis Fernando II e Alfonso IX dotan ao mosteiro de terras suficientes para a súa subsistencia e así Fernando II a mediados do século XII confirmaba a xurisdición do mosteiro, o coto, que “limitaba co de Asadur, co de Niñodáguia e coas xurisdicións de Santa Cristina de Ribas de Sil e S. Pedro de Rocas”. A finais do século XII e amparado polo veciño mosteiro de Montederramo, Xunqueira unirase á orde do cister.

Os séculos XII- XIII son prósperos para Xunqueira de Espadanedo pois a partir dos privilexios que os reis outorgan ao mosteiro e grazas, tanto ás doazóns como a economía, os monxes amplían o seu patrimonio o que lles permite construír un impresionante templo ao que se encosta o mosteiro románico.

Da idade media á actualidade

O final da Idade Media e comezos da Idade Moderna caracterízase pola ruína dos cenobios causada, tanto pola relaxación da Regra como o desgoberno dos abades comendatarios, terribles administrade que esquilman o patrimonio do mosteiro.

Neste período, o mosteiro perderá a súa independencia e en 1447 convértese en priorado de Montederramo ata que a mediados do século XVI (1546) entra a formar parte da Orde de Castela, recobra a súa independencia e inicia unha nova etapa de esplendor que se reflectirá na construción e reconstrución das dependencias monacales.

O final do mosteiro como centro cultual chegará coa Desamortización de 1836 iniciándose o seu renacemento o 12 de decembro de 1980, ano en que a súa igrexa é declarada Monumento histórico-artístico (actualmente BIC) e a partir do cal, o complexo cultural, beneficiarase de importantes intervencións.