Visitas interpretativas
- Visitas interpretativas de 25min.
- Grupos con un máximo de 4 persoas
Interpretación do patrimonio
Contidos elaborados por historiadores e adaptados aos diferentes visitantes que buscan a aprehensión da cultura de Ribeira Sacra. Á fronte das visitas están historiadores especialistas no mosteiro cun currículo amplo tanto en investigación como en difusión.
Capacidade de acollida
Búscase a calidade da experiencia ao mesmo tempo que a protección do patrimonio. Para iso as visitas, de 25 persoas máximo (hoxe reducidas a 10), organízanse en 8 horarios distintos con diferentes duracións e adaptadas aos grupos que nos vistan.
Para realizar a visita recoméndase sacar entrada en Información turística de Xunqueira de Espadanedo 10 MINUTOS ANTES DE INICIAR A VISITA. As visitas inícianse á hora exacta, polo que rogamos puntualidade.
Medidas COVID-19
Co fin de ser un destino seguro para visitantes e veciños, adóptanse as seguintes medidas:
- Redúcese a 10 o número de visitantes por grupo
- As entradas sacaranse ata cinco minutos antes de iniciarse a visita podéndose facer reserva de entradas en plataforma en liña
- Os visitantes entrarán dun nun á oficina de turismo
- O acceso a oficina de turismo e mosteiro farase con máscara
- Durante a visita interpretativa os visitantes seguirán á responsable de visita gardando distancia de seguridade (2m. entre persoas)
- A visita seguirá un circuíto deseñado e conducido por responsable de visita
- Durante a visita non se permite tocar nada
Sigan as instruccións e recomendacións da responsable das visitas, as medidas tomadas teñen como último fin protexernos e protexer.
Horarios
*Poden suspenderse por liturxia
TEMPADA ALTA 15/07 - 31/08
L, Me, X, V, S e D (cerrado martes)
Dispoñemos de catro visitas pola mañá (11:00, 12:00, 13:00*, 14:00) e catro visitas pola tarde (17:00, 18:00, 19:00* e 20:00)
TEMPADA BAIXA 01/09 - 30/10
Me, X, V, S e D (cerrado luns e martes)
Dispoñemos de catro visitas pola mañá (11:00, 12:00, 13:00*, 14:00) e catro visitas pola tarde (17:00, 18:00, 19:00* e 20:00)
TEMPADA BAIXA 01/11 - 09/12
Me, X, V, S e D (cerrado luns e martes)
Dispoñemos de catro visitas pola mañá (11:00, 12:00, 13:00*, 14:00) e tres visitas pola tarde (16:00, 17:00, 18:00*)
HORARIOS ESPECIAS
Os domingos e festivos relixiosos, por culto, non haberá visita ás 13:00
En Semana Santa, o mosteiro estará aberto de luns a domingo.
PERIODO SEN VISITAS
O mosteiro pecha o 10 de decembro
As visitas non se realizarán desde o 11 de decembro ao 11 de marzo.
Lista do prezos
A entrada ao mosteiro, con ou sen visita interpretativa, ten un custo simbólico de 2€ ou reducido de 1,5€. É esta entrada a que nos permite que as portas do mosteiro estean abertas a visitantes en tempada alta e baixa (9 meses ao ano) e que sexa accesible a todo o mundo.
Lista de prezos
2€/persona ou 1,50€ para menores de 15 anos
Combinada 3€ /2,50€ (reducido)